XII Campus ED Vigo 2015

19 Feb
  • A.F.A.VI
  • 116 Visitas

Un ano máis o Club ED Vigo 2015 celebra do 15 ao 19 de Xullo un novo campus de fútbol e futsal dirixido aos máis novos que durante uns días queiran mellorar os seus coñecementos e habilidades gozando do seu deporte favorito.

Entre as diversas actividades programadas, destacan as dúas xornadas específicas para porteiros e porteiras dirixidas polo vigués Alberto Fernández Domínguez que actualmente xoga na liga italiana Calcio A5 de futsal como porteiro do  Canottieri  Belluno.

O  XII Campus Vigo 2105 desenvolverase nas instalacións da Universidade de Vigo e inclúe, ademais da entrega de material deportivo e agasallos dos nosos patrocinadores, acceso á piscina, charlas e talleres orientados a mellorar a saúde ou a psicomotricidade.

Os xogadores e xogadoras do Club ED Vigo 2015 e quen participase con anterioridade noutras edicións do Campus gozarán de descontos nas cotas

Adestramento específico Porteiros e Porteiras

25 €

Antigo alumnado, xogadoras e xogadores da E. D. Vigo 2015

 

60 €

Xogadores y xogadoras dos Clubs asociados a AFAVI

60 €

Cota Xeral

75 €

 

Inscricións: Sala y Porteros (Rúa Manolo Martínez, 2, Vigo)

Teléfonos de contacto: 886 138 535   – 627 009 999

Correo electrónico: ffvigo@hotmail.com

Máis información: www.edvigo2015.com - XII Campus Vigo 2015