TORNEO IBERCUP CASCAIS 2018

19 Feb
  • A.F.A.VI
  • 835 Visitas

Esta Directiva de AFAVI decidiu participar no TORNEO IBERCUP CASCAIS 2018, cun equipo alevín masculino (ano nacemento 2006)que se celebrará en Cascais, Portugal do 26 ao 31 de marzo próximo.

Este equipo será unha selección de 13 xogadores de entre todos os clubes asociados de AFAVI.

Pedímosvos que enviedes os nomes de dous posibles xogadores do voso Club antes do sábado 17.

Os adestramentos serán os luns de 18:00 a 20:00 horas no IMD de Travesas e comenzarán o próximo  19 de febreiro.

O luns 26 faremos pública a selección e o martes 27 teremos unha reunión cos pais e nais dos nenos seleccionados para explicarlles o programa.

Quedando a vosa disposición para calquer aclaración, recibide un cordial saúdo,

J. Daniel Costas Fernández

Presidente AFAVI