A pasada semá inaugurouse a intervención en Prevención de Conductas Adictivas nos Clubs Deportivos da ciudade pertencentes a AFAVI, subvencionado polo PLDA do Concello de Vigo e imaprtido pola Asociación ÉRGUETE..
Nesta cuarta edición estase dando á figura dos adestradores o protagonismo que merece, realizando unha primeira xuntanza de organización con eles e establecendo as pautas da intervención no campo como un adestramento mais, no que os nosos deportistas podan sentir, a través de distintas actividades relacionadas co adestramento físico, a presión que supón calquera tipo de adicción para o desnvolvemento de actividades, ben sexan deportivas, sociais, ou que requiran calquer esforzo físico ou mental.
Moitas veces, ainda que resulte sorprendente, o deporte supón unha porta de entrada ao consumo de substancias adictivas, a través das bebidas enerxéticas, as celebraciones ante os logros obtidos nas competicións ou a crenza errónea de que ao facer deporte estase mais san e polo tanto mais protexido.
Tanto os adestradores como os deportistas que participaron no noso Programa esta semá, mostráronse moi satisfeitos con esta iniciativa, polo que durante os vindeiros meses continuaremos o noso traballo cos distintos clubes de AFAVI participantes.
Club Polideportivo Alertanavia


Racing Castrelos


Balaídos, CF


CP Alertanavia


CD Nieto

