CEA CONFRATERNIDADE DE AFAVI

19 Feb
  • A.F.A.VI
  • 182 Visitas

O pasado 14 xullo celebrouse a CEA CONFRATERNIDADE DE AFAVI, no Hotel Coia de Vigo.

Este ano tivo a particularidade de cumprirse 10 anos de vivencias, loitas, ilusións e fomento do espírito deportivo no fútbol base, resumidos nos vídeos achegados.

Entregáronse agasallos á Deportividade e Xogo Limpo e fixemos un homenaxe as persoas que levan colaborando e apoiando o Fútbol base, formando un pilar básico e imprescindible nos seus Clubes de orixe.

Este ano 2018 foron:

CLUB DEPORTIVIDADE E XOGO LIMPO: ARENAS DE ALCABRE, SCD

ADESTRADOR DEPORTIVIDADE E XOGO LIMPO:

Pablo Dopico Almandos, do BALAÍDOS, FC

Fco. Javier Moure Fernández, do AD LAVADORES

MENCION ESPECIAL DE APOIO AO FUTBOL BASE: Pablo de Carlos e Pedro Firvida, deseñadores do logotipo de AFAVI

HOMENAXE:  

  • Guillermo Domínguez Fernández, do CP ALERTANAVIA
  • Manuel Nguema, do EDVM PEREIRÓ
  • Julio Comesaña Costa, do RACING DE CASTRELOS
  • José Costas González, do UVCD CANDEAN

 

VIDEOS IMAXES